Friday 17 de May de 2024

O alumnado do CEIP de Pedrouzos (Brión) desfruta esta semana do Atlántica Coles: Festival Internacional de Narración Oral


As actuacións terán lugar do mércores ao venres, ás 10:30 horas, na carballeira de Santa Minia

A carballeira de Santa Minia de Brión acollerá durante esta semana catro actuacións do Atlántica Coles: Festival Internacional de Narración Oral, concertadas co CEIP de Pedrouzos. Catro actuacións que están organizadas pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Brión.

A primeira actuación tivo lugar onte luns, onde a rapazada brionesa asistiu ao contacontos “Onda min”, de Raquel Queizás. Mañá mércores 16 de xuño, Sole Felloza presentará “Leireando” e o xoves 17 Pablo Díaz traerá a Brión o seu espectáculo “Contando números, cantando cores”. Charo Pita será a encargada de pechar o festival cun “Menú de contos”.

Todas as actuacións terán lugar ás 10:30 horas e están exclusivamente dirixidas ao alumnado do CEIP de Pedrouzos. Por esa razón, o Concello de Brión e Festival Atlántica traballan tamén noutra proposta de narración oral aberta a toda a veciñanza, que se dará a coñecer en breve.